- PARTICIPARÁN TRES PILOTOS PORTUGUESES E UN INGLÉS NOS DIFERENTES SHOWS PROGRAMADOS
- UNHA PROPOSTA Á QUE SE SUMARÁN INFINIDADE DE ACTIVIDADES NO PROGRAMA DO CERTAME, O CAL TENDRÁ LUGAR DO 4 AO 7 DE XUÑO
Silleda, 13 de maio de 2026.- A 48ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal terá lugar do 4 ao 7 de xuño, programou nesta ocasión para as súas actividade de motor varios shows centrados na vertente máis extrema do motocrós e con carácter totalmente internacional.
Así, o sábado 6 de xuño celebraranse dous espectáculos protagonizados por tres pilotos estranxeiros de freestyle motocrós, dous portugueses e un inglés. Membros do equipo Airtrick, utilizarán unha estrutura inchable e outra metálica para realizar saltos en moto por unha gran rampla, alcanzando distancias de 22 metros de longo e 12 metros de altura dende a rampla ata a zona de recepción. Unha modalidade que o público da feria pudo ver por última vez na edición de 2019.
Nestes saltos realizarán diferentes acrobacias, como o superman, consistente en soltar o guiador da moto no aire e abrir os brazos en cruz, ou o backflip, o cal é un mortal cara atrás.
Os pilotos encargados de sorprender ao público serán os portugueses Ricardo Santos, piloto novo pero con moito talento que coa súa moto Honda realiza shows por toda España e Portugal, e Diogo Ribeiro, que manexará unha Kawasaki e conta con preto de dúas décadas de experiencia nesta disciplina. Anos nos que protagonizou espectáculos tanto en toda a Península Ibérica como en Francia ou China, onde residiu durante catro anos.
O terceiro piloto será o inglés Greg Rowbottom, a bordo dunha Husqvarna, o cal conta cunha ampla carreira que o levou por China ou Indonesia e na que gañou nunha ocasión a Copa de España de Freestyle Motocrós.
Paulo Martinho, un clásico
A feira Abanca Semana Verde 2026 tamén acollerá as exhibicións de freestyle motocrós do piloto portugués Paulo Martinho, un clásico da feira que sempre colleita gran éxito entre o público que acude ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.
O show deste pioneiro do freestyle portugués, con dous pases, será o domingo 7 de xuño. Nel volverá sorprender con novos investidos, cabaliños ou queimadas de roda.









